Segundo establece a Programación Didáctica do Departamento de Xeografía e Historia para 4º de ESO, estes alumnos, así como os que obtivesen unha cualificación inferior a 2,5 puntos, non fan media e suspenden a avaliación.
PROCEDEMENTO NORMAL DE RECUPERACIÓN: Os alumnos preséntanse ao exame de recuperación con toda a materia vista na mesma.
PROCEDEMENTO EXTRAORDINARIO: Os alumnos que superen os dous exames ordinarios (ou a compensación de notas de ambos sexa superior a 5) poderán recuperar a avaliación entregando unicamente un traballo sobre o libro de lectura, que deberá cumprir todos os requisitos que se pedían nas bases, e estar aprobado; podéndose establecer, a criterio do profesor, a maiores, un procedemento de comprobación de lectura. O traballo deberá conter obrigatoriamente unha contextualización histórica e xeográfica que non supere os dous minutos, e unha opinión persoal con recomendación ou non de lectura. O resto do contido será libre, pero deberá versar sobre o libro.
Neste caso, a nota final da avaliación calcularase do mesmo xeito que se calcula a ordinaria dunha avaliación (exames o 70% e o 30% para os traballos. Nos traballos integrarase o do libro de lectura xunto co resto de traballos avaliables do trimestre e coas mesmas ponderacións), coa particularidade de que a nota do traballo integrarase neste cálculo polo 75% da mesma.
A entrega do traballo farase por correo electrónico, o prazo de entrega empezará o día seguinte á entrega de notas da segunda avaliación e finalizará ás 23:00 horas do terceiro día anterior á data que se fixe para a celebración do exame de recuperación ordinario do respectivo grupo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario