domingo, 31 de xaneiro de 2021

OPCIÓN DE RECUPERACIÓN DA SEGUNDA AVALIACIÓN PARA OS ALUMNOS QUE NON ENTREGARON, ENTREGARON FORA DE PRAZO OU EN FORMATO INCORRECTO, O TRABALLO DO LIBRO DE LECTURA.

Segundo establece a Programación Didáctica do Departamento de Xeografía e Historia para 4º de ESO, estes alumnos, así como os que obtivesen unha cualificación inferior a 2,5 puntos, non fan media e suspenden a avaliación.

 

PROCEDEMENTO NORMAL DE RECUPERACIÓN: Os alumnos preséntanse ao exame de recuperación con toda a materia vista na mesma.

 

PROCEDEMENTO EXTRAORDINARIO: Os alumnos que superen os dous exames ordinarios (ou a compensación de notas de ambos sexa superior a 5) poderán recuperar a avaliación entregando unicamente un traballo sobre o libro de lectura, que deberá cumprir todos os requisitos que se pedían nas bases, e estar aprobado; podéndose establecer, a criterio do profesor, a maiores, un procedemento de comprobación de lectura. O traballo deberá conter obrigatoriamente unha contextualización histórica e xeográfica que non supere os dous minutos, e unha opinión persoal con recomendación ou non de lectura. O resto do contido será libre, pero deberá versar sobre o libro. 


Neste caso, a nota final da avaliación calcularase do mesmo xeito que se calcula a ordinaria dunha avaliación (exames o 70% e o 30% para os traballos. Nos traballos integrarase o do libro de lectura xunto co resto de traballos avaliables do trimestre e coas mesmas ponderacións), coa particularidade de que a nota do traballo integrarase neste cálculo polo 75% da mesma.


A entrega do traballo farase por correo electrónico, o prazo de entrega empezará o día seguinte á entrega de notas da segunda avaliación e finalizará ás 23:00 horas do terceiro día anterior á data que se fixe para a celebración do exame de recuperación ordinario do respectivo grupo.

martes, 19 de xaneiro de 2021

Tema 7, Capítulo 8: As vangardas artísticas

Vídeo de clase 

Tema 7, Capítulo 7: Europa ao rematar a guerra.

Vídeo de clase 

Tema 7, Capítulo 6: A Revolución rusa

Vídeo de clase 

Rasputín

Vídeo de Historia a Toda Leche 

A Revolución Rusa en 7 minutos

Vídeo de Academia Play 

Tema 7, Capítulo 5: Por que se produciu unha revolución en Rusia?

Vídeo de clase 

Tema 7, Capítulos 3 e 4: Os soldados na fronte / Unha guerra total

Vídeo de clase 

Tema 7, Capítulo 2: O desenvolvemento da guerra

Vídeo de clase 

Tema 7, Capítulo 1: Por que estalou unha guerra en Europa en 1914?

Vídeo de clase 

A Primeira Guerra Mundial en primeira persoa.

 Vídeo con exemplos de traballos dos alumnos de HMC de 1º de Bac do IES Sanxillao no curso 2018-19, consistente en escribir unha carta desde a guerra.

Vídeo de Ana Alonso

Vídeo

A Primeira Guerra Mundial: Vídeo 5

Vídeo 5 

A Primeira Guerra Mundial: Vídeo 4

Vídeo 4 

A Primeira Guerra Mundial: Vídeo 3

Vídeo 3 

A Primeira Guerra Mundial: Vídeo 2

Vídeo 2 

A Primeira Guerra Mundial: Vídeo 1

Vídeo 1 

Recomendacións de lectura: